viernes, 3 de julio de 2009

os excavadores

Como de costume falo de oídas e sen saber moi ben o que digo, así que non o tomen moi en serio. Polo visto, parece ser que nas obras do Plan E de reactivación da Economía Española ou algo así, as empresas excavadoras son as encargadas de se desfacer dos escombros que se acumulan. O Pp protestou ante o Concello pola mala actuación destas empresas e, como é normal, a estes empresarios non lles fixo demasiada gracia que o partido dos empresarios lles critique a eles. Mesmo chegaron a dicir que o concelleiro do Pp encargado de porlles a parir citara algúns terreos onde poder deixar os escombros que eles saben que non poden utilizar. É o que ten ter a cachorros con máis dentes que cabeza. Que por criticar ó goberno métese cos seus propios afiliados. Hai un par de días Figueroa criticaba a un edil socialista por terlle vendido cemento á empresa cosntructora do ilegal centro comercial Gran Vía. E resulta que os seus propios compañeiros de viaxe traballan para o inimigo.

O caso é que o bialcalde Caballero di que se estes empresarios botan os escombros fóra de Vigo xa non é o seu problema, que debe ser cousa da Xunta que é quen ten competencias. E, o Pp, para facer as paces cos seus compañeiros, vailles dar uns cartiños da Diputación cos que promover tan digna actividade económica. E, de paso, critican as obras do Plan E, que para iso fainas o Caballero e as paga Zapatero. Ou máis ben, xa que hai cartiños por medio, mandan ós beneficiados de estes cartos a que critiquen.

E así todos contentos: os empresarios seguen botando merda onde lles cadra, a Diputación regala cartos públicos ós empresarios e aquí ninguén sabe excepto que a cousa está mal feita.

2 comentarios:

Galopin dijo...

Es increible la riqueza del idioma español. Ahora resulta que dar cuartos "a os nosos" le llaman promover planes de investigación, aunque leyendo más detenidamente las informaciones periodísticas entiendo menos la cuestión. Vamos a ver: 60 empresas con 1.500 empleados (otras informaciones hablan de 1.000)que se supone son expertas en lo suyo, reciben dinero público para investigar qué deben hacer con los resíduos (?)
Otro dato: la actividad extra-política de Louzán es el mundo de la construcción ¿nonsí?
Aínda mais: ¿no se supone que el dinero de la Deputación es para promover obras públicas que reviertan en los concellos?
Me lo expliquen.

pablo gonzalez dijo...

Supongo que la investigación será para buscar concellos en los que tirar la mierda que sacan del subsuelo sin que los vecinos protesten demasiado