A Perly no porto pode significar que o proxectado túnel de Beiramar sexa paralizado. E, para mostra, o aviso que lle dan ó alcalde na prensa estes días e que se poden resumir en que os empresarios que teñen as súas naves no porto (e que non necesariamente son empresas portuarias) saben máis que os técnicos de seguridade e que mesmo coñecen xa un proxecto que a día de hoxe non existe e que nin sequera ten sido sacado a concurso.
En calquera caso, por unha vez, non toda a prensa é tan alarmista como estes empresarios preocupados por non ter acceso ó porto, a pesar de que se inclúe no presentado ata o de agora o seu traslado. Na outra banda están os que onte dicían que
Los usuarios del puerto creen que se perderá competitividad con el túnel de BeiramarLa Voz de Galicia, 24-03-2009
E hoxe, por se quedou alguén que non se enterara, xa matizan que
Usuarios del puerto advierten que un atasco en el nuevo túnel de Beiramar colapsaría la ciudadLa Voz de Galicia, 25-03-2009
Aínda así, o mellor lévao, como case sempre, o Fallo de Vigo, que volve cun deses titulares que xa botábamos de menos:
Las empresas piden que continúe la expansión del puerto y el PSOE cree que Porro sólo busca un cargoFallo de Vigo, 25-03-2009
Ou, o que é o mesmo, "os empresarios preocupados pola crise e o Psoe culpa a Perly de ser tan linda" ou "mañán choverá en Vigo e en Madrid sairá o sol" ou "era de noite e sen embargo chovía". E se non entendeu nada, xa o aclaran, simplemente poñendo cada noticia no seu sitio, aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario