jueves, 14 de mayo de 2009

pontevedra vs. vigo

A cousa dos localismos é unha das fontes máis agradecidas de surrealismo. As emocións, as lembranzas da nenez, os antergos, a tontuna sen límites mistúranse sen vergoña para defender intereses económicos dunha minoría sen escrúpulos. Tanto dá que veñan da Coruña, de Pontevedra ou de Vigo.

Do mesmo xeito que é lóxico que para os vigueses sexa unha incomodidade ter que desprazarse trinta quilómetros para realizar xestións ante calquera administración, é lóxico que os pontevedreses non vexan con bos ollos a amenaza real dunha cidade que lle supera en todo excepto en historia, tradición e solera toreira. Recoñezámolo: non deixamos de ser novos ricos que esiximos as comodidades dos señoritos da capital, o que está moi ben.

A isto xogan algúns medios, que non se cortan en denominar á chorrada que fixo Feijoo recortando a presencia de delegados territoriais, como "quinta provincia". Creou unha polémica onde non había tal. E se quería facer unha división administrativa lóxica, podería ter pensado algo mellor, a verdade. Nunca gustoume a proposta de facer unha área metropolitana de Vigo-Pontevedra. Estou cos que pensan que a área de Vigo debe tirar cara Portugal, económica, administrativa e culturalmentemente estamos máis preto dalí. O fenómeno da península do Morrazo debe quedar en mans administrativas de Pontevedra, polo menos mentras que alguén non se atreva a facer da Ría de Vigo un espacio de tránsito racional que una ambas beiras.

En calquera caso, e por non seguir divagando, poderiamos lembrar que unha das asociacións que máis apoian a postura de Pontevedra é a Cámara de Comercio da capital, e non so os partidos políticos, que fan ben en utilizar todas as armas que teñan nas mans para desgastar un goberno chegado en lombos da mentira.

No hay comentarios: