viernes, 30 de septiembre de 2016

Feijoo arrasa

"Feijoo arrasa" semella ser o canto oficial nestes tempos revoltos. Non seremos nós os que digamos que non é certo, que se hai que arrasar, arrásase, faltaría máis. Certo é que pola mesmo podería dicirse que este é un dos peores resultados do Partido Popular dende o ano 1993:


  • Fraga ese ano sacou o 52,62% dos votos.
  • Nas eleccións seguintes, no ano 1997, a cousa chegou ó 52,88%
  • Fraga xa estaba medio cego, con alzheimer e case paralítico cando acadou no ano 2001 o 52,51% dos votos.
  • E unicamente cando xa Fraga pasara un cáncer con máis de oitenta anos e estaba máis morto que vivo, a esquerda de Touriño e Quintana foi quen de lle arrebatar o poder no ano 2005. Fraga, ainda así, sacou o 45,81% dos votos.
  • Nas primeiras eleccións ás que se presenta en 2009 Feijoo acadou un 46,68% dos votos. Oito puntos menos que o seu predecesor popular.
  • Nas seguintes eleccións, no ano 2012, Feijoo baixa ata o 45,79% dos votos en Galicia, por debaixo dos peores resultados de Fraga.
  • E ata as actuais de 2016, que logra superar cun 47,53% os peores resultados do Partido Popular en Galicia que el mesmo viña acadando nas duas lexislaturas anteriores.


E se estes son os mellores resultados de Feijoo, están ainda cinco puntos por debaixo dos acadados nos mellores anos de Fraga. Pero insisto en que non queremos amolar.

Vale que o probe Leiceaga non superou nin sequera o patético 19,62% de Paco Vázquez antes que que marchara de alcalde a Coruña. Ou o triste 19,72% de Abel Caballero antes de que marchara de alcalde a Vigo (e iso que o socialdemócrata Caballero levaba ós comunistas nas súa candidatura de EU).

Pero se hai que lle botar as culpas a alguén, será Leiceaga máis culpable que Pedro Sánchez, que a fin de contas acaba de chegar a todo isto. A el lle dixeron que fose socialdemócrata, como Caballero, moderado, riseiro.

Dirán que non se consola quen non quere e que as cousas son máis complexas do que parecen. O que está claro é que as cousas, sendo sempre iguais, non hai porqué miralas sempre do mesmo xeito.


Oye tú, tú que me miras: ¿es que quieres servirme de comida?

1 comentario:

seguimientoenvio dijo...

El transporte y la movilidad de nuestras ciudades, una asignatura pendiente vigo opiniones