miércoles, 7 de mayo de 2008

callejeros



Teño visto antes algúns reportaxes de Callejeros. Parecíanme bastante parciais, amosando unicamente unha realidade específica coa que chamala atención. Como se un turista lle contara ós amigos as burradas que atopou na Indochina. Pero é evidente que non son así, e o digo polo último emitido sobre o Casco Vello de Vigo.

O escultor pirado que non vende a súa obra, repetindo "moita caña"; o mariñeiro que non fala co fillo por ser testigo de Jehová; os okupas rusos que tentan ter un aspecto aseado vivindo entre catro paredes sen teito; a vella á quen lle cae a casa enriba; os ionquis do chute rápido antes de collelo camión; ... eso é o Casco Vello de Vigo. Eso e o fulano que vai botar un canivete nas putas e volve relaxado antes de ir ó super.

Menos dun 2% das vivendas están en estado habitable, hai cortes de auga e luz constantes, mesmo nas vivendas e locais rehabilitados, o ADSL ou a fibra óptica son quimeras que funcionan a cachos. Os responsables do Concello recoñecen entre liñas (porque se o din abertamente os botan) que o único que se necesita son cartos para arranxar esa desfeita. E o resto son plans para presentar no Concello.

Pica a realidade, que a poñan no salón da casa e logo se diga que algo bo hai. Quizás sería mellor ter posto xunto coa realidade o cheiro a fritanga da festa da Reconquista, a xente rindo mentras se pica o seguinte ionqui oculto na ruina onde se apoia o posto de productos ecolóxicos. E logo dicir que Prisa lle ten manía a Olveira polo boiño que é. E o colmo do cinismo é o de Figueroa, que parece ter caído dun guindo de pureza, estilo Perly virxinal. El non sabía nada diso, por suposto. E se o chega saber proibe a entrada na cidade ós coruñesistas antiviguistas que veñen a contala merda que temos gardada.

Esperemos que o saiban canto antes: o Vigo real, o obreiro, é o do Casco Vello: os xubilados, os miserables amontonados nos escombros, as rúas rotas, as casas caendo. O outro Vigo, o de Alvariño, o de Freire, o de Vieira, o de Barreras, son o Vigo que cando di "emprendedor" quere dicir "escravo", que cando pensa en traballo fai especulación. Son o Vigo hortera das Avenidas, da Praza de Compostela e de Alcabre. Nada que non haiba noutros centos de lugares e que poida interesar ós callejeros.

1 comentario:

ana pastor dijo...

Muy guay tu post de callejeros pero te invite a jugar un poco y no veo que participes mucho.