viernes, 7 de noviembre de 2008

entrevista a beiras

O BNG dá pé a que se especule con esa hipótese (pactar co Pp) porque quere evitar parecer condenado a ser un caxato do PSOE. Pero iso non depende de declaracións máis ou menos melifluas, senón de que fagas unha política que che permita ter a mesma fortaleza que o PSOE. No 97, o BNG fixo o sorpasso sobre o PSOE e no 2005 entra na Xunta con moitos menos deputados. Machiño, ese é o problema.

(...) non pintaba nada na última Asemblea Nacional. Porque non era unha asemblea, era un congreso por delegados. Pola actitude intransixente por parte do aparato e pola desnaturalización do BNG que representa a supresión das asembleas. Levo 25 anos defendendo formas asemblearias e de democracia participativa. Non había nada que discutir, só elixir a un candidato que xa estaba elixido

Mentres existan clases sociais con intereses encontrados, seguirá existindo diferenza entre esquerda e dereita. Non abonda con falar de nacionalismo. Galicia é unha nación, si, pero, é un magma?, un saco de area? Non, é unha sociedade estruturada en clases. Cando tentas incorporar sectores oligárquicos, pode funcionar na política, pero non se manteñen as coordenadas da esquerda. Ao falar así, ocúltase un bascular cara ao centro asexuado. A política é sexo, e esquerda e dereita son sexos enfrontados.
Xosé Manuel Beiras, marxista.

No hay comentarios: