viernes, 7 de noviembre de 2008

construindo país

Trala tontería do funicular de Olveira, é bo saber que aínda existe intención de facer país, sen meter ladrillos polo medio, e mesmo tirando con eles. Semella que a crise vai valer para algo. Mesmo é curioso comprobar como a igrexa pretende facer que os seus fieis se atopen de narices cos nomes dos franquistas caídos defendendo unha dictadura, a pesar de que o Fallo de Vigo, na súa versión en papel, pretenda facer ver unha falla de interese por parte do Concello a definitiva desaparición desa desfeita. En calquera caso, se a igrexa fai tal, será porque quen vai a misa ben pode comparalos santos cos guerreiros franquistas.

Mentras tanto, o Pp continúa emperrado en sobrelevar a crise facendo o de sempre: sacar cartos ó Estado, nun momento en que o seu papel vai ser máis necesario que nunca. Neste empeño, as liortas internas do partido dos empresarios fanse máis evidentes ca nunca, xustificadas nun "hasta", que serve mesmo para presentar a Rajoy como un líder con menos futuro que Sara Pallin.

A teoría de que o gran capital pode aturar o tempo necesario para continuar coa súa estratexia, por moi absurda que sexa, faise evidente todolos días. Sempre vai encontrar fidelidades caninas.

No hay comentarios: